Profesorado do centro amosa interese e unha actitude positiva cara á formación en temas medioambientais, consciente da importancia de adquirir novos coñecementos e ferramentas que permitan promover hábitos sostibles e fomentar a conciencia ecolóxica no seu alumnado.
A súa implicación nestas actividades formativas reflicte o compromiso coa educación ambiental e co desenvolvemento dunha sociedade máis respectuosa co medio ambiente.
Comezan a súa formación no mes de outubro participando no obradoiro en liña "Iniciación á horta escolar", organizado por Naturalzia en colaboración co proxecto Huertos de Biodiversidad da Fundación Global Nature.



Comentarios
Publicar un comentario