É a chamada "Hora do Planeta", un movemento global impulsado polo Fondo Mundial para a Natureza, máis coñecido polas súas siglas en inglés: WWN.
Non se trata só de apagar as luces durante unha hora, é difundir unha poderosa mensaxe: compromiso co medio ambiente, unha forma de recordar que moitas persoas actuando xuntas poden cambiar o futuro do Planeta.
Este 2026 celébranse os 20 anos deste movemento, que persegue o coidado da natureza, reducir a contaminación, protexer e recuperar animais en perigo de extinción e construír un futuro máis sostible.
Aínda que pareza que non hai avances, a realidade medioambiental en canto a logros é outra:
👍 A enerxía eólica e a solar producen electricidade de forma máis limpa que os combustibles contaminantes (carbón, gasóleo e gas natural).
👍 A capa de ozono recupérase grazas a adhesión ao Protocolo de Montreal (1987), que impide empregar gases daniños coma os clorofluorocarbonos, os halones, o tetracloruro de carbono ou o bromuro de metilo.
👍 Cada vez se usan menos plásticos dun só uso, optando por bolsas de tea, envases reutilizables, comprar alimentos a granel ou aqueles con menos embalaxes ou elexir cepillos de dentes de bambú.
👍 60 países firmaron, tras dúas décadas de iniciativas, o Tratado Global dos Océanos (2026) para protexer e transformar "el Alta Mar" e o leito mariño nun contorno sostible.
👍 Algunhas especies animais en perigo de extinción estanse a recuperar, como o lince ibérico, as águias, os osos, as tartarugas mariñas ou as baleas.
A Hora do Planeta ten lugar o último sábado de marzo, polo que se te queres unir ao reto, toma nota da data: sábado 28 de marzo, de 20.30h. a 21:30h.
☝Unha hora.
👪Millóns de persoas.
💬Unha soa mensaxe.

Comentarios
Publicar un comentario