Somos Voz Natura!

Neste curso 2026-2027 festéxase o 30 aniversario do programa Voz Natura, impulsado polo xornal a "Voz de Galicia", unha iniciativa que promove a educación ambiental e o coidado da natureza.

Dende 1996, Sagrado Corazón Placeres participa con ilusión e compromiso no programa, desenvolvendo diferentes actividades e proxectos cos que buscamos concienciar o noso alumnado e familias sobre a importancia de respectar, protexer e conservar o medio que nos rodea. 

Cremos que educar no respecto á natureza é sementar valores para construír un futuro máis sostible.

Seguimos formando parte desta gran aventura co mesmo afán e dedicación de sempre, convencidos de que cada pequeno xesto conta e de que coidar o planeta, é unha responsabilidade de todos e todas.

Poñémonos mans á obra no coidado da nosa casa común!


Comentarios