O alumnado de 2º ESO desenvolve na área de Música o proxecto “Museo de
instrumentos reciclados” percorrendo tres fases ben diferenciadas: construción,
exposición e interpretación.
Os rapaces e rapazas organízanse en grupos para deseñar e crear prototipos
de instruentos musicais pertencentes a
una familia determinada, reutilizando diferentes materiais, como caixas de zapatos, envases de patacas, paus e pezas de madeira, culleres de metal,
Para a súa
presentación debe escoller un nome creativo para o instrumento, explicar en qué
se baseou o
grupo para a súa construción, tendo en conta a familia de instrumentos
escollida, e describir de forma detallada a familia e a subfamilia á que
pertence o instrumento creado. Realizarán tamén unha demostración sonora tocando
unha nota ou un son longo co instrumento para que se poida apreciar o seu
timbre e as súas características acústicas.
Finalmente, interpretarán unha composición musical
empregando unha grafía non convencional creada polo propio grupo considerando
en especial a altura (sons graves e agudos) e a intensidade (sons fortes e suaves).









Comentarios
Publicar un comentario