A primavera de Calder

O alumnado de 3º ESO baséase nos traballos de Calder para crear os seus propios móbiles de temática primaveral. Reutilizan pequenos anacos de cartolinas de cores e teñen moi en conta o deseño e os peso de ambos lados para cumprir coas regras do equilibrio.

Alexander Calder (22 xullo 1898 – 11 novembro 1976) foi un escultor estadounidense coñecido sobre todo polos seus móbiles: esculturas feitas con pezas metálicas suspendidas que se moven co aire.

Emprega nas súas creacións cores vivas, como o vermello, o negro e o branco, coas que representa figuras asbtractas colocadas con sumo coidado para manter o equilibrio. Cada estrutura cambia cosntantenmente segundo o vento ou o movemento do espazo.

Calder conseguiu unir a arte e o movemento, creando obras lixeiras, equilibradas e cheas de vida.

Grazas a estas obras, Calder converteuse nun pioneiro da arte cinética e influíu en moitos artistas posteriores.

O seu traballo segue a ser admirado en museos e espazos públicos de todo o mundo.























Comentarios