Coa chegada da primavera, os pequenos e pequenas inícianse no mundo da agricultura plantando uns exemplares de leitugas e amorodos nun horto urbano de madeira.
A través de tarefas sinxelas, como remover a terra, plantar, regar ou observar, poden comezar a comprender como medran as plantas e que cambios se producen co paso do tempo.
Tamén aprenden cales son os seus coidados e necesidades, como a auga, a luz ou a terra, relacionando estes elementos coa vida diaria.
Ademais, este contacto directo coa natureza axúdalles a coñecer mellor a súa contorna e a orixe dos alimentos, favorecendo o respecto e o interese polo medio natural.
Deste xeito, o horto convértese nun recurso práctico, próximo e motivador para aprender.
















Comentarios
Publicar un comentario