A praia impórtanos!

Alumnado da ESO  e aula Azul desenvolveron esta mañá unha xornada de limpeza da praia da Posta cun dobre  obxectivo: coidar o medio ambiente e concienciar sobre a importancia de manter limpos os espacios naturais da contorna.

Durante a actividade recolleron plásticos, redes, cabichas, panos de bebé, pauciños de caramelos, latas, cordas numerosos paus e botellas de vidro, todos grandes contaminantes da area o o mar.

Ademais de colaborar en equipo, aprenderon sobre a protección da natureza e o impacto do lixo nos ecosistemas mariños.

























Comentarios