Un agasallo sostible

A creatividade desenvólvese nos rapaces e rapazas de 3º de Educación Primaria para deseñar e fabricar, coas súas mans, un agasallo para un amigo ou amiga invisible da aula reutilizando diferentes refugallos, como oveitas, caixas e tubos de cartón, paus de xeado, tapas, etc.

O agasallo acompáñase dunha mensaxe poñendo en práctica a comparación literaria que están a traballar en lingua castelá.

O momento da entrega foi, sen dúbida, emotivo e divertido ao vivenciar esta experiencia de raíz medioambiental, que combina inxenio, creatividade e sostibilidade.










Comentarios