Raíces coloradas, remolachas ben plantadas

Comezado o mes de abril, e trala volta das vacacións de Semana Santa, o alumando da aula Azul prepara o terreo para plantar  dúas ducias de remolacha de mesa na horta da escola.

Plantar remolachas é unha actividade na que os rapaces e rapazas aprende a coidar a terra e respectar os tempos da natureza. Neste caso, son necesarios uns 60-70 días trala plantación das pequenas plantas para poder recoller e consumir estas coloradas hortalizas que medran baixo terra. 

Para que se desenvolvan sans e fortes, é importante seguir algúns pasos sinxelos:

  • Dispor dun lugar solleiro.
  • Preparar a terra, removéndoa e quitando pedras, refugallos e malas herbas.
  • Engadir abono natural para enriquecer o solo. Nesta ocasión empregan abono de cabalo.
  • Plantar as plantas deixando un pequeno espazo entre elas.
  • Regar con coidado, mantendo a terra húmida pero sen encharcar.
  • Coidar e observar o seu crecemento cada día.

Deste xeito, pouco a pouco, poderemos ver como as remolachas medran e están listas para recoller.



















Comentarios