Leitugas plantadas con corazón, medran verdes e con sabor

A plantación de leitugas é unha actividade sinxela, pero é necesario seguir uns pasos concretos para facelo correctamente, como fixeron os alumnos e alumnas da aula Verde. 

Primeiro prepárase a terra, quitando malas herbas e pedras e aireándoa ben para facilitar que as raíces se deselvolvan con facilidade e poidan alimentarse de nitroxeno, potasio, fósforo e calcio, nutrientes presentes na terra. 

Despois plántanse as mudas de leituga deixando espazo entre elas para que poidan medrar sans. 

É importante regalas con frecuencia, pero sen encharcar o chan. 

Co paso dos días, o alumnado coidará as plantas en sesións de limpeza frecuente do terreo e regas continuas para observar o seu crecemento.  

A colleita das leitugas, 6-7 semanas despois, convértese nun momento especial, no que se recollen os froitos do bo traballo realizado.
















Comentarios