O cartón é un material moi útil para facer traballos manuais, por iso o alumnado da aula Vermella, o emprega para crear uns coellos de Pascua.
Ademais de ser fácil de manexar, permite dar renda solta á creatividade con pinturas, recortes ou colaxes. Nesta ocasión os pequenos e pequenas usan témpera de cores en barra para darlles cor e que luzan lindos.
Reutilizar cartón axuda a reducir residuos e fomenta o coidado do medio ambiente, convertendo materiais que xa non usamos en creacións fermosas e cheas de significado.
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
Comentarios
Publicar un comentario