Ecogranxa Río Mouro

O alumnado de 1º de Educación Primaria desprázase ata Poio para gozar dunha xornada chea de arepndizaxe e diversión entre animais e natureza na ecogranxa Río Mouro.

Dende a súa chegada, os nenos e nenas amosaron moita curiosidade e entusiasmo por descubrir o funcionamento da granxa e coñecer de preto os animais.

Durante a visita, tiveron a oportunidade de ver e interactuar con diferentes especies, como pitos, coellos, cabras, burros e cabalos. Os monitores explicáronlles, de forma sinxela e adaptada á súa idade, como viven estes animais, que comen e que coidados precisan. Ademais, puideron participar en actividades prácticas, como dar de comer aos animais ou cepillar aos equinos.

Outro dos momentos destacado foi o plantación dunha leituga en vasos de cartón, amosando así o seu compromiso co medio ambiente, que trouxeron como agasallo.

A xornada desenvolveuse nun ambiente lúdico e educativo, favorecendo a convivencia entre compañeiros/as, mestres e monitores e o contacto directo co medio natural. 

Sen dúbida, foi unha experiencia moi enriquecedora que o alumnado lembrará con moito agarimo.























Comentarios