Acción! Patrulla Verde

Nos últimos días, a Patrulla Verde continuou coas súas tarefas de limpeza e recollida selectiva de refugallos no patio do centro.

En quendas semanais, alumnado de 4º e 6º Educación Primaria é o responsable de levalas a cabo.

A limpeza e a recollida selectiva son hábitos fundamentais que contribúen a coidar o medio ambiente. Cando o alumnado participa activamente na separación de residuos resultantes das súas merendas (papel, plástico e orgánico) aprende valores como a responsabilidade, o respecto e o traballo en equipo. 

Ademais, estas accións teñen un impacto positivo na contorna, xa que reducen a contaminación e favorecen a reciclaxe.

A escola convértese así nun espazo de aprendizaxe práctica onde os nenos e nenas adquiren conciencia ambiental para o futuro da nosa casa común.







Comentarios