Alumnado de 6º Educación Primaria participa na actividade "En Clave Circular" dentro do programa Ecovoz, do xornal A Voz de Galicia, presentándonos unha serie de sinxelas accións a desenvolver na rutina diaria e coas que mostran o seu compromiso coa contorna e a súa preocupación por temas medioambientais, especialmente os relacionados coa economía circular e a reciclaxe.
Enmarcan esta proposta no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 13,"Acción polo clima", que persegue adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos.
Son un total de 17 ODS os que articulan a Axenda 2030, un plan de acción global adoptado por todos os Estados membros da Organización de Nacións Unidas (ONU) en 2015, co obxectivo de pór fin á pobreza, protexer o planeta Terra e alcanzar a paz e a prosperidade para todos os cidadáns.
A súa orixe atópase na necesidade de abordar os desafíos globais de forma conxunta e sostible, promovendo o desenvolvemento inclusivo e equitativo a nivel mundial.
https://drive.google.com/file/d/1fENDgJNFSAbEq8_4M2F4Ycgx_zF2GmIL/view?usp=drive_link

Comentarios
Publicar un comentario