Día da Árbore, Día dos Bosques

Coincidindo co comezo da primavera deste 2026, o 21 de marzo festexamos o Día da Árbore e o Día Internacional dos Bosques. 

Baixo "Bosque e economías", lema deste ano,  recóllense os bosques como pilares fundamentais da economía mundial, non só pola madeira, senón tamén porque xeran traballo, apoian a agricultura, protexen a  auga e o solo, impulsan o ecoturismo e axudan a desenvolver unha economía máis sostible e con menos emisións de carbono.

Na aula Vermella festexan esta data para aprender  a importancia de coidar a natureza e respectar o medio ambiente. A través dos contos e da visita ao bosque do centro, descobren que as árbores non dan sombra e aire limpo e nos agasallan con flores e froitos nas diferentes tempadas do ano, ademais de ser o fogar de pequenos animais.





















Comentarios