Cebola que medra na hortiña, pica na cociña

Os rapaces e rapazas das aulas Verde e Amarela plantan cebolas na horta, nun terreo aireado, ben nutrido con abono orgánico e con boa drenaxe para evitar encharcamentos e pudricións das pequenas plantas. 

A plantación de cebolas permite aplicar coñecementos teóricos nun contexto práctico, fomentado a responsabildiade e o traballo en equipo. Ademais permite adquirir experiencia en técnicas de sementeira, manexo do solo e rega,  fundamentais para o cultivo exitoso de hortalizas.









Comentarios