A pé de campo e praia!


Alumnado de 1ºESO inica a súa investigación sobre os seres vivos observando e rexistrando aquelas especies que atopan no patio do centro e na súa contorna no Caderno de Campo.

En cada saída, que realizan durante as clases de Bioloxía, rexistran dúas ou tres especies do grupo que nese momento estén traballando: Reino Protista, Liques, Musgos e Fentos, Plantas Herbáceas, Matorrais e Árboes ou Animais Vertebrados. 

Recollen a ubicación, unha pequena descrición e fan un debuxo in situ. Xa na aula ou na casa completan as restantes seccións: nome, clasificación, nutrición, reprodución e relación co ser humano.

Complementan estas sesións co traballo no laboratorio, onde observan estruturas de interese dos seres vivos co microscopio (seres microscópicos), especialmente as plantas.

Trabállase tamén o desenvolvemento da observación e o pensamento científico con elementos que osbervan a cotío.

Esta proposta ten por obxectivo que os alumnos e alumnas coñezan os seres vivos do seu arredor, os diferencie e poña en valor a contorna da escola dende un punto de vista medioambiental. 



















Comentarios