Aproveitando o día solleiro co que amencemos este xoves, o alumnado da aula Azul desprazouse ata a praia da Posta, que nos recibe á entrada do centro, ataviado con caldeiros, capachos, bolsas e luvas de tea para realizar labores de limpeza e clasificación de refugallos.
O que máis lle chamou a atención foi a gran cantidade de madeiras no areal, consecuencia dos temporais das semanas pasadas, que acumularon na parte superior da praia para unha posterior recollida por traballadores do concello.
Recolleron tamén cabichas, cordas, envases, restos de aparellos de pesca, latas, teas e multitude de plásticos de todos os tamaños.
Unha actividade que demostra o seu compromiso co medio ambiente e a súa preocupación polo coidado da contorna.


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
Comentarios
Publicar un comentario