Every drop counts!

O alumnado de 1º e 2º da ESO desenvolveu un proxecto de investigación na súa clase de inglés como contribución ao proxecto de centro  "Colecircularidade", que se centra no uso responsable dos recursos naturais, a economía circular e, especialmente este ano, a auga.

Organizados en equipos cooperativos, o alumnado investigou diversos problemas relacionados coa auga a nivel global, como a contaminación hídrica, a escaseza de auga potable e o impacto dos residuos plásticos nos ecosistemas mariños. 

A partir desta análise, elaboraron propostas de mellora aplicables á súa vida cotiá co obxectivo de axudar a minimizar estes problemas: reducir o seu consumo nos fogares, evitar o uso de plásticos dun só uso, non verter residuos contaminantes e adoptar hábitos máis sostibles.

O proxecto permitiulles traballar contidos lingüísticos do currículo nun contexto significativo, ao mesmo tempo que fomentaba a conciencia ambiental, o pensamento crítico  e a responsabilidade individual e colectiva.

A través desta experiencia, o alumnado non só traballou a súa competencia comunicativa en inglés, senón tamén o seu compromiso coa sostibilidade e a xestión ambiental.


























Comentarios