Naturnova

O alumnado de 2º de EP comeza o ano tomando conciencia medioambiental cunha saída a Naturnova, o Centro Interactivo de Educación Ambiental en Vigo.

O centro, inaugurado en xullo de 2003, ten por obxectivo dar a coñecer o mundo que nos rodea e fomentar o coidado da natureza.

A rapazada realiza unha viaxe polas súas instalacións e accede a múltiple información do mundo a través de módulos interactivos, imaxes virtuais, obxectos, mapas, cheiros e coa recreación de diferentes ambientes.

Nun primeiro momento accede ao Universo, á nosa galaxia e ao sistema solar. A continuación introdúcese no noso planeta, a Terra (solo, aire, auga e seres vivos) e finaliza coa relación entre o ser humano e o medio (recursos, problemas, solucións...).




























Comentarios