"Ponte a Zero"

Nesta ocasión, é o profesorado do centro o que ocupa as cadeiras e aprende sobre os residuos co programa educativo “Ponte a Zero” posto en marcha pola Deputación de Pontevedra no ano 2023 co fin de educar e sensibilizar sobre redución e boa xestión dos residuos.

Impartido polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental (CEIDA), que asinou un convenio de colaboración coa Deputación, achega o tema ás aulas a través de actividades prácticas, formación do profesorado, talleres, seminarios e exposicións. 





En xorandas posteriores, o alumnado visitou a exposición  e participou en charlas informativas na biblioteca do centro.









Comentarios