Destino: Corazón de Carballo

Os alumnos e alumnas de 2º de Educación Primaria realizaron unha emotiva visita á Granxa Corazón de Carballo, en Tomiño. 

Durante a xornada, tiveron a oportunidade de coñecer de preto diferentes animais, aprender sobre os seus coidados e descubrir como é a vida no rural.

Participaron con moito entusiasmo nas actividades propostas, como acariñar e dar de comer aos animais, peneirar compost, plantar verduras e hortalizas ou observar o funcionamento da granxa. 

Ademais, gozaron dun día ao aire libre, en contacto coa natureza, compartindo momentos moi especiais cos seus compañeiros/as e mestres.

Sen dúbida, foi unha experiencia moi enriquecedora que lles permitiu aprender dun xeito divertido e diferente: abrindo as portas da escola!



























































































































Comentarios