Concurso de debuxo e relato SCG

A Sociedade de Ciencias de Galicia convídanos, un curso máis, a participar no concurso anual de debuxo e relato que cada outubro organizan para festexar o mes da Ciencia (novembro).

Escolares de Educación Primaria trasladan a súa creatividade ao papel para representar o lema desta edición con motivo do Ano Internacional dos Glaciares: "Cambio climático: conservación dos glaciares".

Alumnado de 5º e 6º EP tamén se anima coa redacción dun relato de dúas ou tres páxinas.

Nesta ocasión, 6 dos traballos presentados foron seleccionados como finalistas. 

Na gala de entrega de premios do día 21 de novembro no Liceo Casino de Pontevedra destacaron os traballos de Lía e Carlota,  aos que lle outorgaron o primeiro premio en cada categoría: debuxo e relato. Os restantes finalistas recibiron un diploma conmemorativo.

Parabéns rapaces e rapazas polo voso compromiso e traballo!






















Comentarios