A xornada do 22 de abril adícase a festexar o Día da Terra, para que todos/as tomemos conciencia da importancia de coidar o noso planeta cada día.
O alumnado da aula Azul agasalla aos pequenos/as de infantil cuns "planetas plantables" feitos nos obradoiros reutilizando papeis usados.
Recordan tamén na aula a importancia de reciclar ben os residuos mediante un xogo no que colocan cada despoxo no contedor correcto guiándose pola súa cor.
Pola súa banda, os compañeiros/as de 2º EP visitan aulas de diferentes niveis para explicarlles algunhas das accións que contribúen ao coidado do medio ambiente e outras que o danan.
Coida a nosa CASA COMÚN!
Comentarios
Publicar un comentario