Día Mundial da Acción fronte o Quecemento Terrestre

Para conmemorar o Día Mundial da Acción fronte o Quecemento Terrestre, tamén coñecido como Día Mundial pola Redución das Emisións de CO2 e celebrado cada 28 de xaneiro dende 1997, os rapaces e rapazas de 1º EP  fan fincapé, un pouquiño máis se cadra, nalgunhas accións que axudan a coidar o noso planeta, como son: reducir o consuño de enerxía, o coidado da biosfera, o uso do transporte público, a separación de residuos, a colaboración na creación do compost ou o consumo de froitas de tempada. 













Comentarios