Premio ao compromiso coa natureza

O 24 de setembro, o alumnado da aula Azul e 4º ESO B iniciaron viaxe cara A Coruña  para gozar do premio acadado o pasado mes de xuño polos seus respectivos cadernos de campo, presentados ao concurso da Voz de Galicia "Xornalistas Naturais".

Iniciaron a visita achegándose á sede da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas - Terras de Mandeo, onde lles explicaron as funcións e utilidade da reserva, os procedementos que levan a cabo nas súas investigacións, as especies da zona e a importancia de conservar o medio.

Percorreron tamén as diferentes salas do Museo das Mariñas de Betanzos e visitaron monumentos e zonas emblemáticas da cidade nun día caloroso de finais de verán.































Comentarios